Ogallá non o saibas nunca

 

Había protestas no hospital, con pancartas e todo.

Se amasas cartos e poder, o que implica contar con acceso á sanidade privada, este tipo de menudeces en forma de revoltas carecen de importancia, e o personal sanitario do seguro parecen meniños de tres anos con rabieta que só saben pedir. Namentres, sentado nunha cadeira retorta e gastada polo uso, agarda o paciente pacientemente a que alguén lle de unha sinal e lle recorde que os seus impostos sirven para algo aínda que é probable que o mesmo doente non o pensase así. Unha señora ca rótula gastada, un home que van operar de próstata, un pé pisado por unha vaca con complicacións, unha contración muscular que é neumonía, un pólipo, un quiste, un nódulo, un catarro que é asma, unha infección de orina que é cancro no ril, unha enfermidade conxénita, conta ti que seguro algo terás que poñer tamén…Todos sentadiños, cada un na cadansúa plaza, mirando se hai xente coñecida que se solidarice ca causa de visitar ó hospital, de cruza-la banda que separa o mundo sá do mundo enfermo, pendente de se chaman xa ou de se están no sitio adecuado, e ti que tes, e a min que me han facer, e a tal lle fixeron cual, en manos de dios estamos, si, e deles, que haxa sorte é o principal agora que falla a saúde, poucas veces se fala de cartos, será que nestas sás polo xeral non os hai, e menos entre as persoas que dan un paso máis e escomezan unha conversa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s