VOU Á PRAIA

 

        Porcos e porcas sudorentos tirados ao sol déixanse quencer pola esperanza de ser máis guapos, máis ricos e máis famosos. Todos esmagallados, uns nas toallas doutros coma pezas do tetris, afogando na area e xeándose no mar, sen liña intermedia que faga as veces de alivio redentor.

Onde estará a gracia, pero mira que somos ben deles, badulaques todos.

Os nenos cos cubiños e as pelotiñas, que graciosos que lindos, pásanche por riba da toalla e a nai di “ai que traste é” en tono comprensivo de madre consentinte a fillo consentido, pobriño é un neno. Aos dez minutos o neno está cunha pa chea de area e un caldeiro con auga salgada disposto a emparedarte coma unha croqueta se llo permites, xa que é obvio cal é o posicionamento da nai, que fala coas compañeiras concedéndolle o beneplácito da dúbida á benevolencia pueril, sobre todo se é a do seu fillo.

Ao lado esquerdo uns que falan de fútbol en animada conversa, houbo partido, sempre houbo partido ou haberá ou está habendo; á dereita unha parella esbelta e muda; de frente as vellas chusmonas que nunca poden faltar, detrás unha panda de rapaces con canutos e música.

No mar unha cantidade de merda que pon un medo a bañarse que desaparece máxicamente cando se che empeza a fritir a neurona con tanta calor, somos así de persistentes nos nosos arraigados principios, sobre todo cando non hai boa sombra que cobixe.

De cando en vez asubía un vento entre morno e fresco que alonxa momentáneamente a sensación de churrasco que unha ten, que devolve a esperanza de transformarnos neses que son, no noso imaxinario persoal, máis guapos, máis ricos e máis famosos. Nuns días estaremos camuflados tras desa careta morena que sae despois de chupar praia, nuns días sairemos do anonimato dos brancos para instalarnos no anonimato dos bronceados.

Aínda que esto non é de todo así. No verán é difícil ser anónimo: a xente vóltase tan sociable de repente que parece que é nadal, pero non, é verano. Están nas terrazas, nas rúas, nas feiras e feiróns, nos bares, nos coches no súper na froitería, están en todas partes, e non son todos os que están nin están todos os que son.

Hai unha ritualidade que asusta, que parece que está pensada por alguén para que sexa así e non doutra forma… ¿ou tan simpliños somos?

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s